William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino de Inglaterra, c. 23 de abril de 1564xul. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado ib o 23 de abrilxul./ 3 de maio de 1616greg.[a] de 1616,[b] foi un poeta e dramaturgo inglés. Coñecido en ocasións como o Bardo de Avon (ou simplemente o Bardo), considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal.[1][2][3][4]
Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"».[5]
O crítico estadounidense Harold Bloom sitúa a Shakespeare xunto a Dante Alighieri, na cúspide do seu «canon occidental»: «Ningún outro escritor tivo nunca tantos recursos lingüísticos como Shakespeare, tan profusos en Traballos de amor perdidos que temos a impresión de que, dunha vez por todas, alcanzáronse moitos dos límites da linguaxe. Con todo, a maior orixinalidade de Shakespeare reside na representación de personaxes: Nick Bottom (Soño dunha noite de San Xoán) é un melancólico triunfo; Shylock (O mercador de Venecia), un problema permanentemente equívoco para todos nós; pero sir John Falstaff (Henry IV, Part 1) é tan orixinal e tan irresistible que, con el, Shakespeare dá un xiro de cento oitenta graos ao que é crear a un home por medio de palabras».[6]
Jorge Luis Borges escribiu sobre el: «Shakespeare é o menos inglés dos poetas de Inglaterra. Comparado con Robert Frost (de New England), con William Wordsworth, con Samuel Johnson, con Chaucer e cos descoñecidos que escribiron, ou cantaron, as elexías, é case un estranxeiro. Inglaterra é a patria do understatement, da reticencia ben educada; a hipérbole, o exceso e o esplendor son típicos de Shakespeare».[7]
Shakespeare foi poeta e dramaturgo venerado xa no seu tempo, pero a súa reputación non alcanzou as altísimas cotas actuais ata o século XIX. Os románticos, particularmente, aclamaron o seu xenio, e os vitorianos adoraban a Shakespeare cunha devoción que George Bernard Shaw denominou «bardolatría».[8]
No século XX, as súas obras foron adaptadas e redescubertas en multitude de ocasións por todo tipo de movementos artísticos, intelectuais e de arte dramática. As comedias e traxedias shakespearianas foron traducidas ás principais linguas, e constantemente son obxecto de estudos e represéntanse en diversos contextos culturais e políticos de todo o mundo. Por outra banda, moitas das citas e aforismos que salpican as súas obras pasaron a formar parte do uso cotián, tanto en inglés como noutros idiomas. E no persoal, co paso do tempo, especulouse moito sobre a súa vida, cuestionando a súa sexualidade, a súa filiación relixiosa, e mesmo a autoría das súas obras.[9]
A súa obra é tal, que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente