(ru) Остров Врангеля | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Ferdinand von Wrangel (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Chukotka, Rusia | |||
| ||||
Bañado por | Océano Ártico | |||
Características | ||||
Altitude | 1.096 m | |||
Dimensións | 80 () × 150 () km | |||
Superficie | 7.600 km² | |||
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | ||||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1764 | |||
A illa de Wrangel (en ruso: Остров Врангеля; Ostrov Vrangelya, tamén se atopa transliterado ás veces como Ostrov Vrangl'a.) é unha illa do Ártico, localizada entre o mar de Chukchi e o mar de Siberia Oriental, no meridiano 180º, a 140 km da costa de Siberia, da que a separa o estreito de Long. Cunha lonxitude de 150 km e 125 km, na súa maior anchura, ten unha superficie de 7.608 km².
Administrativamente, pertence ao distrito autónomo de Chukotka da Federación de Rusia.
No ano 2004 a illa de Wrangel foi inscrita como integrante do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
A illa leva o nome do barón Ferdinand von Wrangel (1797-1870), que emprendeu en 1.820 unha viaxe de investigación á illa tras observar os voos de partida das aves do Norte e interrogou á poboación nativa tchouktche. Nunca atopou a illa, pero leva o nome na súa honra.