Denomínase xamba (do francésjambe 'perna', tomado da forma camba do latín vulgar)[1] ou macheta[2] a cada unha das dúas pezas labradas que, postas verticalmente nos dous lados das portas o fiestras, sosteñen o lintel ou o arco que os cobre[3]. Tanto se o muro da casa é de cachotería coma de cantaría as xambas adoitan ser pezas de perpiaño.
Outros sinónimos en galego son: agulla, pé dereito, mocheta, tranqueiro e ucheira[4].
Denomínase xambaxe ao conxunto formado polas xambas e o lintel dunha porta ou ventá[5].
↑"Xamba". Portal das Palabras. Consultado o 4 de setembro de 2016.
↑Denominación en galego en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
↑Definición en Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004