Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Xeneral[1][2] é un rango militar. Atópase na cima da xerarquía castrense, sobre os oficiais superiores (comandante/maior, tenente coronel, coronel), os oficiais (alférez/subtenente, tenente, capitán; na Armada: alférez de fragata, alférez de navío e tenente de navío, respectivamente), os suboficialis e os soldados ou mariñeiros.
Un xeneral está ao mando dunha unidade militar máis grande que un rexemento, como pode ser a brigada, división, corpo, exército, grupo de exércitos ou a totalidade das forzas armadas dun país. Nalgúns casos o nome do rango do xeneral inclúe o tipo de unidade que manda, xeneral de brigada, xeneral de división, xeneral de corpo de exército ou xeneral de/do Exército. Á cabeza do xeneralato están determinados graos, dependendo da nación e historia, que a maioría das veces aínda que estean contemplados nos seus graos, non están activos, como mariscal, capitán xeneral, xeneral dos exércitos ou xeneralísimo.