Eoceno

Era[1] Período Época Millóns de anos
Cenozoico Cuaternario Holoceno 0,011784
Plistoceno 2,588
Neóxeno Plioceno 5,332
Mioceno 23,03
Paleóxeno Oligoceno 33,9 ±0,1
Eoceno 55,8 ±0,2
Paleoceno 65,5 ±0,3

O Eoceno,[2] unha división da escala temporal xeolóxica, é unha época xeolóxica da historia da Terra, a segunda do período paleóxeno na era cenozoica.

Comprende o tempo entre o final do paleoceno (hai 55,8 ± 0,2 millóns de anos) e o principio do oligoceno (hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos).[3][4][5][6]

Durante esta época formáronse algunhas das cordilleiras máis importantes do mundo, como os Alpes ou o Himalaia, e aconteceron varios cambios climáticos importantes como o máximo térmico do Paleoceno-Eoceno, que aumentou a temperatura do planeta e delimita o inicio desta época xeolóxica, o evento Azolla, un arrefriamento global que daría paso ás primeiras glaciacións, ou eventos de extinción masiva como a Gran Ruptura (en francés Grande Coupure, que marca o final do eoceno.

As aves predominaban sobre os demais seres, e os primeiros cetáceos comezaron o seu desenvolvemento. Ademais, a especie de serpente máis grande que existiu data do eoceno. Nesta época xeolóxica produciuse tamén unha grande expansión e diversificación das formigas. A Antártida comezou a época rodeada de bosques tropicais, e o finalizou coa aparición dos primeiros casquetes polares. Existen multitude de xacementos paleontolóxicos en diversos lugares do mundo que confirman estes feitos, como o sitio fosilífero de Messel, en Alemaña, ou a Formación Green River, en Norteamérica.

  1. Os colores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eoceno.
  3. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  4. International Stratigraphic Chart, 2008
  5. Rohde, Robert A. (2005). "Ypresian ICS Stage". GeoWhen Database. International Commission on Stratigraphy. Consultado o 10 de maio de 2008. 
  6. Rohde, Robert A. (2005). "Priabonian ICS Stage". GeoWhen Database. International Commission on Stratigraphy. Consultado o 10 de maio de 2008. 

Developed by StudentB