A Europa do Norte é a rexión setentrional do continente europeo. Ó longo do tempo foi definida de diversos xeitos, aínda que hoxe en día adoita definirse como o conxunto dos seguintes países e rexións:
Antes do século XIX, o termo “nórdico” adoitaba empregarse para definires ó relativo ó norte de Europa, o cal incluía ós países nórdicos, á parte europea de Rusia, ós países bálticos (que naquela época estaban formados por Livonia e Curlandia) xunto con Groenlandia.
En tempos máis antigos, cando o continente estaba dominado polas culturas do Mediterráneo (como o Imperio Romano), as áreas de Europa afastadas daquel mar xeralizábanse dentro do grupo do Norte de Europa, incluíndo o que posteriormente se convertería en Alemaña, nos Países Baixos e Austria. O termo de “Europa do norte” para referirse a dita rexión segue a empregarse hoxe en día nalgúns contextos. Na idade media, o termo Thule empregábase para designar un lugar semimítico no norte do continente.
No contexto da Unión Europea: Dinamarca, Suecia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania adoitan ser vistos como as nacións que conforman a rexión norte de Europa.
Danevirke e a Canle da Mancha adoitan ser consideradas liñas divisorias entre a Europa do norte e o resto do continente dende que, no oeste, a maior parte da área ó sur das mesmas foi gobernada algunha vez polos francos durante o reinado de Carlomagno, mentres que a maioría dos territorios atopados no norte pertenceron nalgún tempo ó Reino de Inglaterra durante o goberno de Canuto II.