Un machete é un coitelo longo, aínda que máis curto que unha espada. Comunmente mide menos de 60 cm e ten só un lado afiado. Emprégase para segar a herba, cortar a cana de azucre, podar plantas, abrirse paso na selva...[1]
Xeralmente, o gume é moi fino na parte máis próxima á punta, que sobresea lixeiramente do machete, sendo a fronte do machete curva.
Tamén existe outro tipo de machete cuxa fronte é puntiaguda, tendo o terzo final da coitela fío por ambas beiras. Úsase para cortar maleza e segar herba.